27/06/2012

Exposición de Serigrafías de Santi Zubizarreta

 
A través dun método rápido, realizados directamente con plumilla e rotulador, Santi Zubizarreta crea imaxes extraídas do subconsciente dun xeito que oscila entre o estilo do cómic underground e as imaxes surrealistas.
Santi Zubizarreta, alumno de serigrafía artística da nosa Escola, expón unhas series limitadas de serigrafías na Clínica Zubizarreta & Moya, rúa Rosalía de Castro, 32, 1º B, Vigo.  
Datas: desde o 25 de xuño ata o 28 de setembro de 2012
Horario: luns, martes e xoves de 9:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 h.
               Mércores e venres de 9:00 a 14:00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario