27/06/2012

Entrega de DIPLOMAS CONMEMORATIVOS da finalización dos estudos na Emao


O vindeiro VENRES DÍA 29 DE XUÑO, ás 18,30 horas, terá lugar, no Salón de Actos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, a ENTREGA DOS DIPLOMAS CONMEMORATIVOS DA FINALIZACIÓN DOS ESTUDOS NA EMAO aos alumnos e alumnas que remataron neste curso 2011-2012 o último nivel da súa especialidade (Nivel II en CAIM, Cerámica, Encadernación Artística e Serigrafía artística; Perfeccionamento II no resto das especialidades).
Os diplomas individuais serán entregados polo Excmo. Alcalde da nosa cidade no transcurso do acto, xunto cunha serigrafía de agasallo para cada un, producida e seriada especialmente para este ocasión polos obradoiros da Escola. 
Ademais dos que lles corresponde o diploma, están invitados a este acto todos os matriculados na EMAO neste curso 2011-2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario