27 de xuño de 2012

FAC Peregrina Furancho de Arte Contemporánea presenta o proxecto "Como medir un planeta"


COMO MEDIR UN PLANETA
29 de xuño - 20 de xullo 2012
Inauguración e mesa redonda venres 29 de xuño ás 20:00 h.

O espazo FAC Peregrina inaugura o vindeiro venres 29 de xuño ás 20:00 unha nova exposición colectiva titulada Como medir un planeta. O proxecto está comisariado polo colectivo Baleiro. Trátase da terceira e última mostra da tempada na modalidade FAC Convidados, denominación baixo a que este novo espazo independente na contorna de Santiago de Compostela promove proxectos de colaboración con outros artistas e axentes involucrados no ámbito da creación contemporánea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario