09/09/2012

XXVII Premio BMW de Pintura


Convocatoria aberta entre o 10 e o 30 de setembro de 2012

O Premio BMW de Pintura está destinado a promover a pintura en España e durante estes vinte e sete anos consagrou a pintores de todos os estilos e tendencias. Na pasada edición participaron máis de oitocentos artistas, nacionais e estranxeiros, residentes en España. Neste certame outórganse tres galardóns principais: o Premio BMW dotado con 25.000 euros; a Bolsa Mario Antolín de Axuda á Investigación Pictórica, cuxo bolseiro recibe 8.000 euros; e o Premio BMW ao Talento máis Novo, dotado con 4.000 euros, que está reservado aos nenos con idade comprendida entre os oito e os doce anos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario