31/10/2012

Master Class de Fotografía de Moda por Manuel Outumuro


A Axencia Luena organiza Master Class de Fotografía de Moda que impartirá o 10 de novembro en Ourense o recoñecido fotógrafo de moda Manuel Outumuro.
Manuel Outumuro, o que é actualmente un dos fotógrafos galegos de maior proxección internacional realizará un percorrido pola creación visual no mundo da moda, tanto en publicacións periódicas como en todo o relacionado coa industria do deseño. Ademais, fará un repaso ao longo de toda a iconografía que produciu o sector da moda na vertente editorial e na industrial. Tamén recordará aos grandes mestres da fotografía de moda que, segundo sinalou, foron os que lle inspiraron e os que lle ensinaron a ser o que é. Durante a tarde, o seminario centrarase na explicación da metodoloxía de traballo de Outumuro, sobre todo no que el concibe como unha sesión fotográfica e na forma de retratar aos modelos. Durante a sesión ensinase moitas imaxes do seu traballo para que se vexan as diferentes concepcións que hai da fotografía de moda, que, en palabras do autor, "é unha disciplina aberta a todo tipo de innovacións e liberdade".
Para máis información e inscripción mandar unha mensaxe aos emails:, info@agencialuena.esagencialuena@gmail.com,,

Ningún comentario:

Publicar un comentario