08/10/2012

XXIV Xornadas de Banda Deseñada de Ourense


O pasado 2 de outubro, presentouse no Museo Municipal de Ourense, a programación das XXIV Xornadas de Banda Deseñada. Estas xornadas contan con diversas actividades, entre as que están dúas exposicións, na sala I e II do museo, ata o día 21 de outubro.
Destaca a exposición de sete novelas gráficas, na sala I do museo, que saíron o ano pasado. Trátase de sete coleccións de artes finais e bocetos previos que mostran o nivel excepcional dos creadores galegos.
A mostra recolle traballos de Brais Rodríguez (A man do diaño), David Rubín (El héroe), Jacobo Fernández (Lois Pereiro. Breve encontro), José Domingo (Aventuras de un oficinista japonés), Lola Lorente (Sangre de mi sangre), Martín Romero (Las Fabulosas Crónicas del Ratón Taciturno) e Miguel Cuba (Punta de Fuga). 
A entrega do Premio Ourense á mellor iniciativa do ano de banda deseñada e a celebración do  do primeiro Certame Benito Losada de Banda Deseñada, destinado a autores de até trinta anos, completan o programa desta edición das Xornadas de Banda Deseñada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario