9 de out. de 2012

Mª Antonia López del Hierro regresa á Emao

Caricatura

As clases acaban de comezar, novos alumnos acompáñannos este curso pero outros son vellos coñecidos é o caso de Mª Antonia López del Hierro que regresa á Emao logo de varios anos. Apenas tiña 13 anos cando viña ás clases de debuxo de Ángeles Rodríguez Moreno, logo tras unha longa traxectoria profesional de máis de 30 anos como deseñadora de decorado de vaixelas na Fábrica de Santa Clara do Grupo Empresas Álvarez, foi alumna de Delmiro Bernárdez Outerelo en artes gráficas. É precisamente un traballo deste obradoiro, "Caricatura", o que agora quere compartir con todos nós, tamén subimos ao blog unha pequena mostra do seu labor profesional como deseñadora. Hoxe volve á nosa escola como alumna de cerámica artística. Desde aquí dámoslle a benvida e desexámoslle unha estancia fructifera.

Ningún comentario:

Publicar un comentario