Os deseñadores de Cabuxa lanzan unha nova colección de bolsos e accesorios con dous novos artistas Yoli e Luís. Nesta ocasión, inauguran unha exposición en Detrás Do Marco: froito do encontro entre CABUXA, Yoli e Luís, xunto coas obras orixinais dos artistas.
Yoli Manrique e Luís Eduardo González son dúas persoas adultas con Trastornos do Espectro do Autismo, usuarios do centro Castro Navás do que é titular a Fundación Menela. As súas obras, moi impactantes pola forza das súas harmonías de coloridos e pola súa composición e nivel de detalles (hiperselectividad), foron premiadas en varias exhibicións e certames.
Desde o centro Castro Navás quérese promover unha actitude positiva cara ao traballo artístico das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo. A colaboración con CABUXA, pretende difundir os seus traballos e mostrar á sociedade a súa sensibilidade persoal, expresividade e capacidade creativa.
Datas: 4 a 11 de decembro de 2012.

Ningún comentario:
Publicar un comentario