14 de feb. de 2013

Concurso Internacional de Cerámica de L'Alcora


Convocada a 33 edición do prestixioso Concurso de Cerámica de l'Alcora. Nesta ocasión, como nos últimos anos, reparte un total de 16.600 euros en premios. O prazo de inscripción está aberto ata o próximo 22 de marzo. Unha vez pechada a mesma, a Comisión Organizadora procederá á selección das obras finalistas, que serán obxecto dunha exposición no Museo de Cerámica de l'Alcora entre os días 21 de xuño e 15 de setembro.
As finalistas optarán aos 4 premios convocados:
 
  • 1r Premio, patrocinado polo Concello de l'Alcora e dotado con 7.000 €
  • 2º Premio, patrocinado pola Diputación de Castellón e dotado con 4.000 €
  • 3r Premio, patrocinado polo Xeneral do Aire D. Federico Michavila, e dotado con 2.800 €
  •  Premio Especial do Público, patrocinado pola Caixa Rural San José de l'Alcora, e dotado con 2.800 €

Ningún comentario:

Publicar un comentario