01/03/2013

Visita e Charla Formativa de Lien Deraedt aos Alumnos de Artesanía do Coiro


Hoxe venres, as 17 h na aula de artesanía do coiro, recibiremos a visita de Lien Deraedt, xerente da tenda de Tandy Leather Factory en Jerez de la Frontera (Cádiz). O motivo da vista de Lien e visitar a exposición "100 x 100 Coiro" e coñecer a nosa Escola, para aproveitar a súa visita nos vai a presentar as novidades en ferramentas e productos da súa empresa para o ano 2013. O motivo desta charla é plenamente formativo, xa que teredes a oportunidade de coñecer de primeira mán e mesmo probar as novas ferramentas e productos que agora se presentan, como outras xa antigas pero que ela mellor que ninguen vos pode explicar. O fin da charla non queremos que sexa comercial, senon que o fabricante, deseñador e distribuidor dos productos  vaise achegar a vos para aclarar as dubidas que teñades sobre os seus productos e incluso cal vos podería aconsellar para algunha necesidade concreta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario