15/04/2013

Intercambio de Programas Antigos entre a Sociedade Filarmónica de Vigo e a Escola Artes e Oficios


A Sociedade Filarmónica de Vigo en colaboración coa Escola de Artes e Oficios celebrará un acto de intercambio de programas de principios do s. XX de concertos da Sociedade Filarmónica celebrados en Vigo; este acto estará inspirado no primeiro concerto do que temos coñecemento celebrado pola Sociedade no ano 1918 no Teatro Tamberlick e que estivo a cargo do violinista pontevedrés Manuel Quiroga. Acompañaranos a orquesta de alumnos grado medio do Conservatorio Profesional de Vigo, interpretando o Concerto Antigo de Quiroga, no salón de actos da Escola de Artes e Oficios. O acto está previsto para o día 18 de Abril, sobre ás 19 h, no Salón de Actos da Escola Municipal de Artes e Oficios, e contaremos coa presenza de Milagres Bará , sobrina-neta do compositor, e encargada do Proxecto Virtual de Recuperación do Patrimonio Musical Galego, así como autoridades e personalidades do mundo da música en Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario