16/04/2013

41º Premio Internacional de Arte Gráfica "Carmen Arozena"


Premio Internacional de Arte Gráfica Carmen Arozena
Prazo: do 15 de abril ao 17 de maio 2013

Un ano máis chega o Premio Carmen Arozena, puntual á súa cita coa gráfica. Xa son 41 anos de existencia deste galardón creado como homenaxe á artista da Palma, e constituíndose como o premio de carácter anual máis antigo de España neste ámbito artístico e todo un referente nacional e internacional.
Pese aos tempos que corren, o Cabildo Insular da Palma, impulsor deste premio, introduciu na presente convocatoria como novidade un segundo premio, quedando establecidos así un primeiro premio de 4000 € e un segundo de 2000 €, o que fai máis atractivo si cabo a participación nesta cita.
Aberto a soportes, linguaxes e novas técnicas, perseguindo sempre unha gran calidade, este premio álzase anualmente como un punto de encontro para obras e artistas procedentes de todo o mundo. Bases en Pdf.

Ningún comentario:

Publicar un comentario