21/06/2013

Imaxes da Conferencia de Nelson Gómez Callejas na Hemeroteca


O pasado mércores tivemos a sorte de recibir na nosa centenaria escola a visita de Nelson Gómez Callejas, artista e artesán colombiano que compartió con nós a súa visión dun traballo con moita tradición, o Guadamecil, que no seu caso, é o medio no que expresar a súa arte.
O guadamecil é unha técnica antiga de traballo artesanal e artístico sobre a pel de animal, o coiro, que se caracterizaba pola o aplicación nesta pel curtida, dunha fina lámina de prata ou de ouro como capa de preparación, para pintar, modelar, incisar, ferretear, repuxar, gravar, gofrar ou policromar de forma duradera a pel. A pel dourada, é dicir, prateada e dourada con corladura, era a base do guadamecil. 
Na actualidade co desenvolvemento da industria química e a influencia da cultura latinoamericana, o guadamecil tomou novas características técnicas e conceptuais, é o guadamecil contemporáneo, do que Nelson é un autentico mestre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario