21/07/2013

Imaxes da Inauguración da Exposición "Branco e Negro"



Este pasado xoves, 18 de xullo, tivo lugar a inauguración da Exposición "Branco e Negro" na sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo o "Espazo Emao". Asistiron ao acto o Alcalde da cidade D. Abel Caballero, a primeira tenente de alcalde Dna. Carmela Silva e o concelleiro delegado de Educación e Presidente do organismo autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios, D. Santos Héctor Rodríguez, así como o profesorado, bibliotecaria, xefe de estudos, director e demais persoal da EMAO.
Con esta mostra, a EMAO inicia o que será, nos anos vindeiros, a súa proposta Fin de curso anual, que se desenvolverá entre xuño e outubro de cada ano, coincidindo coa finalización dun curso e o comezo doutro: unha exposición que recolla os resultados do proxecto común de tódolos obradoiros lanzado ao comezar cada curso --esta é a mostra que agora presentamos--, e unha exposición na que se exhibirán os productos artísticos ou artesanos, individuais, de aqueles/as alumnos/as seleccionados na convocatoria anual de Proxectos de fin de estudos, que se se abrirá ao público a mediados do mes de outubro de 2013. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario