13 de xan. de 2014

Apertura da IV Convocatoria do Proxecto "O Escaparate"


O Museo Liste e o C.A.T (Centro de Artesanía Tradicional) comunica: 
A apertura da IV Convocatoria do proxecto “O escaparate” para traballos artesáns susceptíbeis de ser expostos no C.A.T. Esta proposta que se inicia no 2013, intimamente ligada á nova andaina do CAT, ten por obxecto brindar un espazo de exposición á produción artesán lonxe das canles habituais como poidan ser feiras e comercio especializado. O proceso de selección dos traballos a exhibir neste primeiro trimestre do ano, arranca con esta convocatoria que, de xeito trimestral, convida á presentación do artesán e da súa produción. Para participar será presentación ou envío dun dossier no que se recolla a traxectoria e unha mostra da obra. 
Dirixido a: artesáns que queiran dar a coñecer a súa produción 
Prazo e lugar de presentación de dossieres ata o 26 de xaneiro, a través do seguinte correo electrónico: recepcion@museoliste.org ou na sede do Museo Liste de Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario