19/03/2014

" Artefactolaf" a Exposición de Olaf Ladousse no Halcón Milenario


O vindeiro venres 21 de marzo ás 20:30 inaugúrase a cuarta tempada do Halcón Milenario coa obra de Olaf Ladousse.
En ARTEFACTOLAF, nome da mostra que se poderá ver por primeira vez en Vigo, atoparemos serigrafías, un neón, gravados elaborados coa técnica do linóleo e varios Doo rags, pequenos enxeños sonoros elaborados a partir do reciclaje de todo tipo de obxectos: juguetes electrónicos, latas, secadores, conos de estrada ou bidóns de auga. O resultado son uns aparellos entre o pop, a ciencia ficción e un certo espírito cañí, cos que se consegue sons en grao sumo variopinto.
Como parte da exposición poderemos gozar en directo da inclasificable "música a pilas" dos Cabalos de Düsseldorf cunha actuación ás 22:00 o mesmo día da inauguración.
A mostra estará aberta os venres 21 e 28 de Marzo e 4 e 11 de Abril en horario de 20:30 a 23:30. (Rúa Cervantes, 18. 1º D. Vigo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario