20/03/2014

"Auga Doce, Cando a Auga É Arte" Exposición no Museo Centro Gaias



O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) inaugura o 21 de marzo a exposición "Auga Doce", unha gran exposición formada por 700 obras na que mestres da arte de todos os tempos réndenlle homenaxe a un elemento crave na identidade galega, a auga doce. 
O país dos mil ríos, de néboas literarias e nubes reais, de eternas borrascas e paisaxes húmidas... Galicia é auga doce. Un elemento crave da súa identidade e, ao mesmo tempo, tantas veces esquecido no seu universo cultural trala poderosa presenza do Atlántico. Desta realidade nace esta exposición multidisciplinar que invita a contemplar a auga a través da mirada prestada dos artistas e redescubrir a súa beleza infinita e universal.
Pinturas, esculturas, fotografías, vídeos e instalación van da man de enxeños científicos, avances tecnolóxicos e obxectos etnográficos. Un total de 700 obras que mergullan ao visitante nunha intensa experiencia estética a través de grandes nomes da creación contemporánea, como David Hockney, Gerhard Richter, Mario Merz, Louise Bourgoise, Martín Chirino ou Chema Madoz, e de mestres clásicos da talla de Piranesi, John Constable, Henry Lewis ou Audubon. 

El Museo Centro Gaiás de la Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) presenta 'Auga Doce', una gran exposición formada por 700 obras en la que maestros del arte de todos los tiempos le rinden homenaje a un elemento clave en la identidad gallega, el agua dulce. - See more at: http://www.hoyesarte.com/evento/2014/03/auga-doce/#sthash.vef2ajvm.dpuf

  
Primeira semana, entrada gratuita: do venres 21 de marzo desde as 16.00 h ata o domingo, 30 de marzo (luns, pechado)

Ningún comentario:

Publicar un comentario