28 de abr. de 2014

Exposición das Pezas máis Curiosas do Gabinete das Marabillas na Hemeroteca



O pasado venres, presentouse na hemeroteca o libro O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte de Irene Pérez Pintos e Rodrigo Pérez Pintos. No acto no que interviñeron Manuel Bragado, Pablo Carrera, Pilar Barreiro e os autores, contou coa asistencia de numeroso público e rematou cun pequeno homenaxe aos nosos veciños portugueses no aniversario da Revolución dos Caraveis, entonando algunhas estrofas da "Grândola, Vila Morena" de Zeca Afonso. 
Os autores prepararon unha exposición das pezas máis curiosas deste gabinete que se poderá visitar, durante o luns, 28 e o martes, 29 de abril, na hemeroteca da EMAO.





24 de abr. de 2014

Presentación do Libro "O Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte"


Este venres presentación do libro:
 O Gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte
de Irene Pérez Pintos e Rodrigo Pérez Pintos

O acto, que contará coa participación de Pablo Carrera, Pilar Barreiro,
Manuel Bragado e os autores, terá lugar o venres, 25 de abril, ás 20:00 h.,
na Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios,
García Barbón, 5 de Vigo.

Os autores prepararon unha exposición das pezas máis curiosas deste gabinete
que se poderá visitar, durante o luns, 28 e o martes, 29 de abril,
nas dependencias da EMAO.

Exposición "Cuerpo. Miran Lo Que No Pueden Ver" no Pazo da Cultura de Pontevedra

Exposición colectiva de TRESENSUMA, no Pazo da Cultura de Pontevedra, na que poderedes gozar da obra de Fernando Carballa, Andrés Delgado, Cari Fernández, Mariano Gallego Seisdedos, Román Hernández, Eva Hiernaux, David ortega, Alejandro Tarantino e Miguel Vázquez (o noso mestre de cerámica artística).
A inauguración terá lugar o 25 de abril ás 19:00 horas e poderá ser visitada ata o 8 de xuño no horario habitual de apertura da sala.

Presentación Proxecto Artesanista


Artesanista, contorna de produción, exhibición e venda de obxectos feitos a man creados na contaminación de procesos artísticos e artesanales, presenta os seus produtos, o seu proxecto, os seus referentes e o seu pequena pero crecente comunidade o vindeiro sábado 26 de abril ás 19h no aloxamento rural Quinta de San Amaro (Meaño, Pontevedra).
Durante o evento presentarase ao público asistente o proxecto artesanista así como as obras postas á venda por artesanista no seu espazo web www.artesanista.com a colección de pezas cerámicas "Xeometrías" do artista Pablo Barreiro, unha sutil reinterpretación do uso e o obxecto cotián a través da reprodución seriada propia da creación e a produción cerámica, e as lámpadas do artista Mauro Trastoy, unha familia de obxectos-escultura concibidos a partir de sinxelos pero poderosos xestos manuais capaces de transformar a luz interior e exterior un feito artístico-artesanal único.
O evento constará dunha presentación realizada polo equipo do proxecto composto polo propio Mauro Trastoy, o enxeñeiro informático Jacobo Martínez e a crítica cultural e comisaria Ania González.


Mesa Aberta con Carlos Taibo e Eliseo Fernández



Hoxe, xoves, 24 de abril ás 18 h, na hemeroteca da nosa Escola, tera lugar unha mesa aberta con Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid e autor de Repensar la anarquía. Acción directa, autonomía, autogestión, e, Eliseo Fernández, historiador e escritor ferrolán diplomado en biblioteconomía e documentación e especializado en anarquismo e movemento obreiro na Galiza. Este acto está organizado por a CNT-AIT Vigo e A Ría Non Se Vende, rede de colectivos de acción social e defensa do patrimonio ambiental, cultural e social da Ría de Vigo.

Esta mesa aberta é un convite para realizarmos un paseo a través das ideas libertarias, retrotraernos no tempo e explorar a historia ácrata e obreira de Vigo: dende a fundación da propia Escola de Artes e Oficios, pasando por revistas e xornais como "La Propaganda" (1881) ou "Despertad!" (1928) até chegar a activistas incansables como o topógrafo Ricardo Mella, os carpinteiros José Villaverde e Eduardo Collado, o barbeiro Federico Sánchez ou o poeta Manoel Antonio
Mais, se ben cómpre coñecermos a historia, tamén é necesario enfrontarse ao presente e abordar as problemáticas actuais. De aí que, neste noso presente, optemos por defender o Ideario Libertario e o Decrecemento como única solución para lograr establecer unha relación de equilibrio entre as propias persoas e entre o ser humano e a natureza. Porque, en realidade, iso é o que busca o movemento libertario: a harmonía, liberdade e coherencia individual que leve ás persoas cara ao apoio mutuo, a tolerancia, a solidariedade, a xustiza social e a preservación e uso racional dos recursos naturais.

   "Porque se non hai dogmas nin bandeiras que nos guíen estamos obrigados a escoller as cousas e as ideas máis dignas do noso nivel de ética e de xenerosidade, sen o inxenuo optimismo escarmentado, e sen un pesimismo opaco ben alimentado que nos deteña e nos permita unha indiferente neutralidade falsa. Xa non imos ser cómplices do que nos indigne ou nos avergoñe. Nada é inmutable. Todo se transforma. Quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo..." 
Modesta Proposición, Lois Pereiro

Exposición "Más Vale Ciento Volando" na Casa da Mocidade de Moaña


Hoxe xoves, 24 de abril, inauguran exposición Celeste Pena Cortegoso, Yellice Rodriguez Ces y Macarena González, antiga profesora de serigrafía e alumnas da nosa Escola respectivamente.
Lugar
Casa da Mocidade de Moaña, C/ María Martín, s/n (Urb. O Rosal).
Horario 

Luns de 10:00 a 14:00 y de 16:00 a 21:00, de martes a venres de 16:00 a 21:00 h.

23 de abr. de 2014

"Espíritu Insomne" e " Está mal visto perder o tempo" de Miguel Núñez


O fotógrafo Miguel Núñez presentará este sábado 26 de abril ás 21 h, en Apo'strophe (Fernández del Riego s/n Plaza Elíptica, Vigo), o visionado de dúas pezas, diaporamas acompañados de música que aúnan fotografía e poesía. Miguel Núñez é alumno da nosa escola, no obradoiro de escultura e talla na madeira que imparte Rosa Garcia Martinez.

22 de abr. de 2014

Día Internacional del Libro 2014



O mércores 23 de abril, 48 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura inundarán as cidades de libros con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. Estes centros únense nunha experiencia de Bookcrossing na que liberarán máis de 2.500 volumes relacionados con diferentes disciplinas. 



O MARCO únese, un ano máis, a esta experiencia e liberará un total de 80 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do Museo. A solta de libros iniciarase ás 11.00 da mañá fronte á fachada principal na rúa Príncipe.

21 de abr. de 2014

Entrega do II Premio de Microrrelatos "Mulleres Progresistas"


A entrega do II Premio de Microrrelatos "Mulleres Progresistas" será o mércores 23 de abril ás 17:30 horas na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Av. García Barbón, 5). É un acto aberto ao público e no que se contará coa presenza da Concelleira de Igualdade, dona Isaura Abelaira Rodríguez.

O xurado do II Premio de Microrrelatos "Mulleres Progresistas" decidiu outorgar os seguintes premios:

- 1º Premio: "DESAFIO", de María Jesús Fariña Busto.
- 2º Premio: "Dsineb", de Carolina Sertal Souto.
- 3º Premio: "Pantalla partida", de Andrea Núñez-Torrón Stock.

Asemade, designou como finalistas os seguintes microrrelatos:

- "A nena", de María Vilariño Suárez.
- "A avoa e a tormenta", de Silvia Rivas Alejandro
- "Remendos", de Estela Suárez Recouso
- "Ad libitum", de María González Blanco
- "O canto das sereas galegas", de Carolina Sertal Souto
- "Consecuencias", de María Villar Andrade

Exposición "CORPO: Miran o que non poden ver" no Pazo da Cultura de Pontevedra


Exposición colectiva de TRESENSUMA, no Pazo da Cultura de Pontevedra, na que poderedes gozar da obra de Fernando Carballa, Andrés Delgado, Cari Fernández, Mariano Gallego Seisdedos, Román Hernández, Eva Hiernaux, David ortega, Alejandro Tarantino e Miguel Vázquez (o noso mestre de cerámica artística).

A inauguración terá lugar o 25 de abril ás 19:00 horas e poderá ser visitada ata o 8 de xuño no horario habitual de apertura da sala.

16 de abr. de 2014

"Ilustrador de Contos": Marc Taeger, Alba Pardo e Federico Fernández no Faro de Vigo


Onte, 15 de abril, no suplemento do Faro de Vigo, A Escola do Faro, publicouse este artículo "Ilustrador de contos" sobre Marc Taeger, que presentó hai uns días o seu novo traballo, un álbum ilustrado titulado "Elefante Comellón" publicado por Kalandraka. Xa informamos neste blog sobre esta publicación do narrador Rafa Ordóñez que Marc acompaña con imaxes elaboradas coa técnica do linogravado. No proceso de impresión contou coa colaboración dos nosos mestres Federico Fernández e Alba Pardo.

14 de abr. de 2014

Conferencia de Fernando Reboredo no Centro de Artesanía Tradicional


O vindeiro mércores, día 16 de abril ás 19:30 h., terá lugar no Centro de Artesanía Tradicional o faladoiro artesán “Un pulso ao plástico: o latoeiro” ofrecido por Fernando Reboredo.
Dirixido: ao público en xeral.
Lugar: Centro de Artesanía Tradicional (C.A.T.), rúa Subida ao Castelo, nº 10.
Data: 16 de abril. 

Hora: 19:30 h
Entrada libre

Gañadores do VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado



A obra titulada "Ícaro", do ilustrador Federico Delicado, foi distinguida co VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, dotado con 9.000 euros e a súa publicación nas cinco linguas peninsulares o próximo mes de outubro. Trátase dun texto "moi contemporáneo", segundo o xurado, que o definiu como un traballo "para pensar e sentir" pola súa capacidade para "espertar as conciencias, sendo provocador e esperanzador á vez". 
Ao VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado presentáronse 255 traballos dunha "alta calidade", procedentes de 21 países. Ademais de acordar por maioría que "Ícaro" sexa a obra ganadora, o xurado declarou finalista o álbum titulado "Sonho com asas", das portuguesas Fátima Afonso e María Teresa Martinho Marques, de Setúbal e Azeitao, respectivamente. Pola súa calidade, o xurado recomendou a edición de "Antoni Gaudí", de Dàlia Adillón Mars, da localidade barcelonesa de Vic; "Pescadoras", de Nadia Graciela Menotti Ayala, de Bos Aires; e "Máquina Balea", de Federico Fernández Alonso e Germán González Pintos, de Vigo.

10 de abr. de 2014

23 Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos 2014


O obxectivo do 23 Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos 2014, que se celebra con carácter bianual, é dar testemuño do dinamismo e pluralidade da gráfica actual desde a perspectiva da arte contemporánea múltiple e seriada.
Esta convocatoria constitúe, así mesmo, unha oportunidade para a consolidación e enriquecemento dos fondos de arte do Centro Torrente Ballester.
O carácter de convocatoria pública vén dado polo anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG). As bases serán expostas en www.ferrol.es, www.centrotorrenteballester.com e no taboleiro de anuncios do Concello de Ferrol.

8 de abr. de 2014

Doazón do Arquivo de Antón Pérez Prado a Fundación Penzol


Hoxe, a Fundación Penzol, presenta a doazón dos fondos arquivísticos de Antón Pérez Prado, insigne médico galeguista e unha das figuras máis sobranceiras do galeguismo en Buenos Aires na segunda metade do século XX. Legou o seu arquivo á Fundación Penzol. Esta mañá estades convidados e convidadas a compartir o acto  ás 12:00 na Casa Galega da Cultura e pola tarde continuarán os actos a partir das 19:30.

3 de abr. de 2014

Marc Taeger Presenta O Seu Novo Álbum "Elefante Comellón"


Este venres, 4 de abril, a partir das 18:30 horas, presentará o seu novo traballo o ilustrador suízo Marc Taeger, un álbum ilustrado títulado "Elefante Comellón" publicado por Kalandraka. Trátase dun relato do narrador Rafa Ordoñez que Marc Taeger acompaña con imaxes elaboradas coa técnica do linogravado. No proceso de impresión dos orixinais, o ilustrador contou coa colaboración dos mestres Alba Pardo e Federico Fernández da nosa Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO).
Durante este mes de abril, a sala de exposicións de Libros Para Soñar (Triunfo, 1. Vigo) acolle unha mostra das ilustracións de Marc Taeger, xunto con bosquexos e materiais utilizados no proceso do linogravado. “Elefante comellón” tamén se asoma ao escaparate da libraría, cunha instalación artística realizada polo propio artista.


Os Gañadores do Concurso de Carteis Anunciadores de Pedaliña 2014

Cartel premiado, Alumnos Debuxo Iniciación B

 
Accésits: Douglas Franco e grupo de Debuxo Perfeccionamento II A

Esta mañá, ás 11: 30 h, no Espazo Emao, tivo lugar o anuncio público dos carteis seleccionados para a divulgación do programa do evento denominado Pedaliña 2014, o acto contou coa presenza do Alcalde de Vigo, o Concelleiro de Educación, o Director da Escola, o representantes da Asociación A Golpe de Pedal e dos patrocinadores do evento, ademáis de numerosos alumnos. Aquí tedes algunhas imaxes do acto, do cartel premiado e dos dous finalistas. O primeiro premio o levou Debuxo Iniciación B, e os dous accésits previstos nas Bases foron para Debuxo Perfeccionamento II A e para o alumno de SerigrafíaDouglas Omar Franco Ixcot. Parabéns a todos!

Alba Pardo, mestra de Serigrafía e o seu alumno Douglas Franco Ixcot

Marco: Boletín de Convocatorias para o Mes de Abril 2014

Este é o boletín de convocatorias e novidades do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO): Boletín de Convocatorias. Abril 2014

Museo Liste o CAT: Programación de Actividades para o 2º Trimestre


Esta é a programación do 2º trimestre para o Museo Liste e o CAT.

2 de abr. de 2014

Exposición de Elena Colmeiro "Sen Título" no Museo de Pontevedra



Este venres, 4 de abril, ás 20:00, inauguración no Museo de Pontevedra da exposición da ceramista Elena Colmeiro (Silleda, Pontevedra, 1932), na presentación da misma participará Miguel Vázquez, o noso mestre de cerámica artística.
Esta exposición está formada por 47 obras realizadas desde finais dos anos sesenta ata a actualidade. Nela apréciase como a artista loita por conseguir que a cerámica se converta nun máis dos materiais escultóricos, desvinculándoa do seu tradicional uso utilitario. Tamén se pode apreciar nas súas obras o papel fundamental que ten xogado a súa fascinación polas fábricas, os materiais industriais, os cemiterios de refugallos, os crisois… todo ese mundo proporciónalle formas e cores. O material refractario, o carbono de silicio ou o ladrillo sérvenlle para poder expresar as ideas que xorden na súa cabeza. A valoración do fragmento que fora rexeitado, tanto de material industrial como de pezas cerámicas súas, adquiren un novo significado ao seren introducidas en novas obras e reiteran a súa idea de acumulación constante de experiencias. 

Xa temos o catálogo da exposición na biblioteca!


1 de abr. de 2014

Convocatoria do Premio ás Mellores Encadernacións Artísticas 2014



O pasado día 26 de marzo publicouse no BOE número 74 a Resolución pola que se convoca o Premio ás Mellores Encadernacións Artísticas 2014. A obra a encadernar é Leonora de Elena Poniatowska, Premio de Literatura en Lingua Castelá Miguel de Cervantes 2013, e o prazo de presentación da obra encadernada finaliza o día 31 de xullo de 2014.

IV Bienal Internacional de Gravado 2014


 
A Asociación Cultura para as Artes de Valladolid, Grupo Aguafuerte, en colaboración coa Deputación de Valladolid convoca a, IV Bienal Internacional de Gravado Aguafuerte Provincia de Valladolid á que poderá concorrer calquera artista nacional e internacional. Cada artista poderá presentar un máximo de dúas obras orixinais realizadas obrigatoriamente no sistema de gravado calcográfico (buril, punta seca, aguatinta, augaforte, augada, manera negra, verniz brando, etc.) que se poderán combinar con técnicas complementarias que o artista considere oportunas, incluídos os procedementos dixitais. Non se admitirán obras que fosen presentadas e premiadas con anterioridade. As obras deberán estar realizadas durante os anos 2013 ou 2014. Non poderá concorrer ao premio o gañador da convocatoria anterior. A medida de cada estampa sobre papel non excederá de 112 x 76 cm, e terá un mínimo de 55 x 40 cm.  Bases Pdf.
O prazo remata o 15 de abril de 2014.

"Jardines Imaginados" a Exposición de Rosa García na Sala Apo'strophe de Vigo


Este venres, 4 de abril, na sala de arte Apo'strophe de Vigo, inaugura exposición Rosa García, mestra de escultura e talla en madeira da Emao. Baixo o título "Jardines Imaginados", Rosa móstranos unha selección de gravado & escultura. A inauguración será ás 20:30 h e permanecerá aberta ata o 3 de maio. Animarvos a visitala.