11/05/2014

Imaxes da Inauguración da Exposición "Ángel Mareque e a Creación do Taller de Ourivería na Escola de Artes e Oficios" no Espazo Emao


O venres, 9 de maio, inagurouse no Espazo Emao, a exposición sobre o antigo mestre de ourivería desta Escola, Ángel C. Mareque, o evento contou coa presencia de numeroso público, o acto iniciouse coa interpretación das cancións de "Mon River" que Henry Mancini compuxo para a película "Almorzo con Diamantes" e de "Yesterday" de Paul McCartney, a cargo de alumnas de Clarinete da Escola Municipal de Música acompañadas do seu profesor. Seguidamente interviñeron Rafael Ojea, director da Emao, Eduardo Álvarez Blanco, actual mestre de ourivería e José Luis Mateo, comisario da exposición.
Aquí tedes algunhas imaxes do evento...


Eduardo A. Blanco, actual mestre de ourivería
José Luis Mateo, comisario da exposición


Ningún comentario:

Publicar un comentario