06/11/2014

Imaxes da Montaxe da Exposición "Proxectos 2014"


Venres, día 7 de novembro, inauguración da Exposición "Proxectos 2014". Nesta exposición, producida integramente pola EMAO, preséntanse algúns dos proxectos dos/as alumnos/as que remataron os seus estudos no curso 2012-2013 e que, ao longo do curso pasado, materializaron a súa proposta inicial, man a man co seu titor/a.
 
Produción: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO) 2014
Montaxe: Mestres/as da EMAO de Pintura, Debuxo, Escultura e talla en madeira, Serigrafía Artística, Moda e Confección, Artesanía en coiro e Cerámica artística. 
Axudante de montaxe: Alberto Couñago  
Comisariado: Marian Núñez e Alba Pardo
 
Datas: do 7 de novembro de 2014 ao 8 de xaneiro de 2015
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, días laborables
Lugar: Espazo EMAO (entradas polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)

Ningún comentario:

Publicar un comentario