26 de feb. de 2015

MAC: Programa de Residencias Artísticas Internacionais


O MAC convoca dúas residencia dirixidas a artistas e profesionais da cultura de calquera nacionalidade non residentes en Galicia e menores de 45 anos. Cada estancia terá unha duración de dous meses entre o 4 de maio e o 1 de xullo de 2015. 
O MAC ofrece unha axuda total de 3900 € -cantidade suxeita á retención fiscal vixente- para os dous meses de duración de cada unha das residencias, 3000 € en concepto de honorarios, 500 € de gastos de desprazamento e 400 € en concepto de axuda á produción -previa xustificación de gastos-. A esta axuda económica súmase a cesión dun espazo de traballo equipado durante os dous meses de duración da residencia e os xantares de luns a xoves. 
As solicitudes poderán presentarse entre as 00.00h (GMT 1) do día 2 de marzo e as 14.00h (GMT 1) do 12 de marzo de 2015 a través de formulario online.
Consulta as bases e inscríbeche! (http://artistasmac.com/res-int-2015/)

Ningún comentario:

Publicar un comentario