26 de feb. de 2015

II Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo. 2015


O II Concurso Fotográfico convocado polo Museo Liste de Vigo pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos e etnográficos da nosa cidade.
Esta convocatoria iniciou a súa andaina o pasado ano co gallo da celebración da festa da Reconquista. A súa continuidade pasa por dotar ao concurso dunha maior liberdade temática desvencellándose do tema elixido na primeira convocatoria. Así o tema proposto para este ano responde ao lema “Vigo: vestixios do pasado”
As fotografías a concurso serán valoradas atendendo, principalmente, a tres criterios:

- Estético: valorarase a beleza da fotografía e a sensibilidade á hora de recoller certos aspectos que singularicen e dignifiquen o elemento fotografado.
- Técnico: valoraranse aspectos puramente asociados á técnica desta arte.
- Documental: valorarase que as fotografías presentadas acaden o valor de documento gráfico como forma de recoller e difundir coñecemento.

Temática: “Vigo: vestixios do pasado”. Elementos non arquitectónicos do pasado que conviven co presente na nosa cidade: petos de ánimas, fontes, mobiliario urbano, sinaléctica de rúas,… e outros tantos exemplos que reflicten os cambios producidos nos derradeiros anos.
Aclaración importante: se ben non se contemplarán como conforme ao tema aquelas fotografías onde o motivo principal sexa un edificio, é dicir, a arquitectura en si mesma, si se poderán fotografar partes dun edificio que inclúan, asociados á súa estrutura, elementos que se axusten ao tema a tratar.

Participantes e número de obras: poderá participar todo aquel que o desexe con un número máximo de tres fotografías, se ben nunca recaerán dous premios no mesmo participante. Máis información

Ningún comentario:

Publicar un comentario