2 de mar. de 2015

Obradoiro de Construción de Instrumentos Musicais na Universidade de Vigo



 
David Carbajal Castiñeira, alumno de 2º de luthería antiga na nosa escola, impartirá un obradoiro na Universidade de Vigo sobre a construción de instrumentos musicais con material reciclado. O Obxectivo deste obradoiro é estimular a imaxinación e a creatividade do alumnado. Crear unha serie de instrumentos sen a necesidade de investir moito diñeiro. Contribuír co medio ambiente dando unha segunda oportunidade aos materiais, diminuíndo así a nosa pegada ecolóxica.

Código: 2014834
Dirección: David Carbajal Castiñeira e Bibiana Piñeiro Muñiz
Datas: do 7 de abril ao 11 de maio de 2015
Horas: 40
Número de prazas: 20
Prezo: 40€
Lugar de celebración: Taller de madeira da Escola de Enxeñaría Forestal
Horario: luns a xoves de 16.30 a 18.30 horas
3 L.E/ 1 ECTS

Ningún comentario:

Publicar un comentario