10 de feb. de 2015

Próxima Inauguración da Exposición "Coiro... aínda que non o pareza"

O vindeiro xoves, 12 de febreiro ás 19:00 h, inaugúrase a exposición "Coiro... aínda que non o pareza" esta mostra relaciónase coa técnica da Cor e o Volume, tanto dende a perspectiva decorativa como construtiva. O fío conductor é amosar a enorme capacidade do coiro como soporte material ideal para unha grande variedade de técnicas pictóricas. A iniciativa de organizar esta exposición é de Pepe Pereira, mestre de artesanía do coiro na nosa escola.
 
Aquí tedes unha selección dalgúns pequenos detalles das fantásticas pezas que se van expoñer. Recoméndovola, vai gustarvos moito.


Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 12 de febreiro ao 27 de marzo de 2015
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables

Ningún comentario:

Publicar un comentario