28 de out. de 2015

Imaxes da Presentación do libro" Pito Galego: Método Práctico"


J. Aldea, Antón Corral e Moisés Quintas


Imaxes do acto que tivo lugar o venres, 23 de outubro na hemeroteca, a presentación do "Pito Galego: método práctico" en formato libro e páxina web por Moisés Quintas, acompañado por J. Aldea e Antón Corral. Moitas grazas a todos pola vosa presenza.

23 de out. de 2015

Presentación de "Pito Galego: Método Práctico" na Biblioteca de Artes e Oficios


Esta tarde ás 19:00 na hemeroteca da Escola, presentación de "Pito Galego: método práctico" en formato libro e páxina web por Moisés Quintas, presentan o acto J. Aldea e Antón Corral.
RESEÑA:
Moises Quintas. "Pito Galego: Método Práctico". Editorial Ouvirmos, 2015
Un libro e unha web forman o proxecto “Pito Galego”.
Nos dous formatos complementarios, fálase da orixe e evolución do instrumento e faise un estudo riguroso dos distintos pitos. Adxúntanse fotografías, máis de 250 gravacións de audio, máis de 200 exercicios progresivos, técnica, articulación, afinación, respiración… máis de 50 melodías tradicionais galegas (Alalás, Alboradas, Muiñeiras, Pandeiradas …) ordenadas por grao de dificultade, un obradoiro para construír o teu propio Pito de cana e moito máis… Son as palabras do mestre artesán Antón Corral as que abren este método, unha das persoas máis relevantes no mundo da Música Tradicional Galega, e a quen, sen dúbida, debemos a recuperación e perfeccionamento do Pito Galego.

LUGAR:  Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
DATA: 23 de outubro, venres
HORA: 19:00 h

22 de out. de 2015

Proxecto de Construción dun Violín polos Luthiers Sitjas e Catoira

Jose Catoira e Eduard Sitjas Bonet


O pasado 6 de marzo se impartió  na nosa Escola, ao longo de todo o día, un curso monográfico Afinación de tapas harmónicas dirixido polo luthier José Catoira.
José Catoira foi alumno do Conservatorio de Música Tradicional (hoxe eTrad) e do obradoiro de Luthería da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Posteriormente continuou a súa formación no Cambridge Violin Makers, German Arias Luthier Workshop e Newark School of Violin Making -na que está diplomado- e hoxe é un dos máis recoñecidos profesionais da luthería do noso País.
Onte, José Catoira, no seu estudo da Coruña, co seu compañeiro de Newark School of Violin Making , Eduard Sitjas, iniciou o proxecto de construír un violin, un modelo Guarneri do Gesu de 1741. O traballo en madeira durará uns 10 días, verniz e montaxe faranse noutra ocasión.
O proxecto inclúe publicar unha páxina e bloggear nela fotos e explicacións de cada paso e das conversacións sobre decisións a tomar cando se copia un instrumento antigo. 
Pensamos que este proxecto é moi interesante especialmente para o alumnado de Construción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM Luthería antiga), polo que desde aquí queremos contribuir na súa difusión.
Máis información en: Sitjas-Catoira Luthiers 

20 de out. de 2015

Presentación do libro "Pito Galego. Método Práctico" por Moisés Quintas

Este venres, 23 de outubro, teremos na hemeroteca a presentación do libro "Pito Galego. Método práctico", polo seu autor Moisés Quintas.
RESEÑA: 
Moises Quintas. "Pito Galego: Método Práctico". Editorial Ouvirmos, 2015 
Un libro e unha web forman o proxecto “Pito Galego”. Nos dous formatos complementarios, fálase da orixe e evolución do instrumento e faise un estudo riguroso dos distintos pitos. Adxúntanse fotografías, máis de 250 gravacións de audio, máis de 200 exercicios progresivos, técnica, articulación, afinación, respiración… máis de 50 melodías tradicionais galegas (Alalás, Alboradas, Muiñeiras, Pandeiradas …) ordenadas por grao de dificultade, un obradoiro para construír o teu propio Pito de cana e moito máis… Son as palabras do mestre artesán Antón Corral as que abren este método, unha das persoas máis relevantes no mundo da Música Tradicional Galega, e a quen, sen dúbida, debemos a recuperación e perfeccionamento do Pito Galego.

LUGAR:  Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
DATA: 23 de outubro, venres
HORA: 19:00 h

Máis información en:
http://ventoemadeira.blogspot.com.es/2015/10/presentacion-do-metodo-web-e-fisico.html

13 de out. de 2015

"Como en Casa" a Nova Proposta Expositiva do Halcón Milenario de Vigo


"Como En Casa" é o título da nova exposición que se inaugura o venres, 16 de outubro, no Halcón Milenario (rúa Cervantes, 18, 1º D. Vigo). Logo de tres meses sen eventos e tras unha renovación do espazo, O Halcón Milenario abre as súas portas a Javier da Rosa e á Milicia Gráfica, cun formato expositivo de dous fins de semana, nos que ademais da inauguración, haberá performance, talleres e risas aseguradas.

9 de out. de 2015

Taller de Creación e Edición de Libros de Artista

A Asociación cultural Astromántica Cartoneira a través do Vicerrectorado de Extensión de UVIGO está organizando un Taller de libro de artistas (30 horas) que se impartirá durante outubro-novembro na Facultade de Filología e Tradución, os martes e xoves pola tarde, desde o 15 de outubro. Animarvos a participar!!!

8 de out. de 2015

MercaDot, Un Mercado de Deseño e Novos Creadores



Raúl, alumno de serigrafía artística da EMAO e responsable da Revista Dot (dotgalicia.com) comunícanos o próximo evento "MERCADOT: mercado de deseño e novos creadores" En Dot están preparando este novo proxecto que pode interesarvos. 
MercaDot é unha iniciativa sociocultural de carácter urbano que reunirá en cada unha das súas edicións a un seleccionado elenco de propostas de creación artística co fin de poñer en valor todos os proxectos que participen e ofrecer unha experiencia de lecer completa para o público. Será unha plataforma temporal de visibilidad e comercialización onde creadores e artistas emerxentes e veteranos dispoñan dun espazo de referencia onde conflúan profesionais e público xeral. Decárgate aquí un dossier con toda a info que necesitas.

5 de out. de 2015

Pablo Otero, Mestre de Encadernación, no Faro de Vigo


Onte, domingo 4 de outubro, no Faro de Vigo, publicouse unha entrevista co mestre de encadernación artística da nosa Escola, Pablo Otero Pino, baixo o título "Hoxe os alumnos buscan una saída profesional", esta entrevista forma parte dunha reportaxe maior títulada "Os sastres galegos dos libros" 


1 de out. de 2015

"Novas de Artes e Oficios" na Plataforma Scoop'it un Lugar Propio en Internet


Na EMAO de Vigo administramos e mantemos un lugar propio en Internet: "Novas de Artes e Oficios" http://www.scoop.it/t/novas-de-artes-e-oficios, de clasificación e difusión de enlaces relacionados coas especialidades que aquí impartimos: Construcción de Instrumentos Musicais (Gaita, Zanfona e Luthería antiga), Debuxo artístico, Pintura, Serigrafía artística, Moda e Confección, Deseño e encaixe de palillos, Artesanía en Coiro, Encadernación, Talla e escultura en madeira e Ourivaría. En "Novas de Artes e Oficios", aloxada na plataforma Scoop.it, encargámonos de peneirar e subministramos información previamente seleccionada --novas, titoriais, teoría e práctica, documentos, videos...-- en todos estes ámbitos.

Á información pode accederse ben globalmente --co que teremos unha ampla panorámica da actualidade dos temas relacionados coas nosas especialidades e co mundo da arte en xeral--, ou utilizando os filtros (Search in topic --coa icona dun funil na parte superior dereita da páxina--) o que nos permite unha navegación por temas e especialidades, especialmente útil para manterse ao día sobre as Artes e Oficios artísticos que nos interesen especialmente.

Podemos tamén acceder con cada unha das seguintes etiquetas:  
Arte/Artesanía/Debuxo/Pintura/Escultura/Encaixe/Moda/Encadernación/Gaita/Zanfona/Luthería/Talla en madeira/Coiro/Ourivería/Serigrafía, poñéndoa despois do signo = na seguinte secuencia, e pegándoa completa na barra de enderezos do noso navegador. http://www.scoop.it/t/novas-de-artes-e-oficios/?tag=Arte (exemplo se buscamos seleccionar as entras coa etiqueta "Arte")
Desde o noso blog podedes acceder directamente a o noso Scoop'it, tamén a Facebook e Twitter.
Esperámosvos!!!

Os Deseños de Josef M. Olbrich na Biblioteca da Emao


Joseph Maria Olbrich (1867-1908) foi un arquitecto e diseñador industrial nacido en Opava, Imperio austrohúngaro (actual República Checa). Constituíu o movemento inconformista vienés, xunto con Josef Hoffmann (1870-1956). O movemento Art Nouveau -como se lle chamou en Francia- estableceu un tránsito entre a arquitectura ecléctica de finais do século XIX coa arquitectura moderna, das primeiras décadas do século XX. En Austria chamóuselle Jugendstil, tamén coñecido como Secezion (Secesión) e congregou a un grupo e arquitectos, pintores, escultores e outros artistas vieneses. Entre os arquitectos máis importantes deste movemento están Josef Hoffmann, Otto Wagner e o seu alumno Joseph Maria Olbrich. O edificio máis emblemático desa corrente é precisamente a sé do movemento, deseñada por Olbrich. En 1899 Olbrich foi invitado polo Gran Duque de Hesse para establecer unha Colonia de Artistas en Darmstadt en Alemania. Esta colonia aspiraba a combinar a arte, a arquitectura e a produción artística.Von Hessen invitou a sete artistas, incluíndo a Hans Christiansen, Joseph Maria Olbrich e Peter Behrens a formar unha comunidade na que puidesen traballar, vivir e ensinar. A maioría das casas, aínda que con deseños individuais, foron construídas por Olbrich.
Na nosa biblioteca conservamos un cartafol con algúns dos seus deseños, publicado en Leipzig en 1904.