12/01/2016

Curso monográfico na EMAO: "Gravado en relevo: xilografía"

Dentro das previsións do novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, inícianse neste mes o  curso monográfico da
especialidade de Talla e escultura en madeira: Gravado en relevo: xilografía, impartido por Rosa García profesora deste taller na EMAO.

O curso desenvolverase entre os días 22 de xaneiro e 15 de abril de 2016, cunha duración total de 24 horas, repartidas en 12 sesións, os venres entre as 10:30 e as 12:30 horas.
Vai dirixido a persoas que non estean matriculadas no curso 2015-2016  na EMAO e que posúan coñecementos básicos de debuxo e escultura. 
O número máximo de inscritos é de 15.  O prazo de preinscrición remata o 19 de xaneiro.
As persoas interesadas deberán preinscribirse por correo electrónico, seleccionándose a admisión, entre as que reúnan os requisitos, por orde de recepción no correo electrónico da Escola.  No correo deberán recollerse os datos que se indican no anuncio da convocatoria que pode  consultarse na cabeceira desta mesma entrada (pinchar na imaxe para agrandar).
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario