24/04/2016

Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor


Cada 23 de abril celébrase en todo o planeta o "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor" desde que se acordou na 28ª reunión da UNESCO, que así fóra. Os argumentos aportados pola organización dedicada ao fomento da Educación, a Ciencia e a Cultura, pertencente á ONU foi (segundo dicta o punto 3.18 da resolución alí acordada) porque o 23 de abril de 1616 coincidiron os decesos de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. 
Pero esta crenza é un erro que se leva cometendo desde hai moito tempo. Por unha banda, está demostrado  que Miguel de Cervantes Saavedra non morreu un 23 de abril, senón o día anterior. Tamén nos atopamos co reiterado erro de situar o falecemento de William Shakespeare no 23 de abril de 1616, pero esta é unha verdade a medias, debido a que esa data estaba rexida polo calendario juliano si tivésemos que cadralo co noso calendario (calendario gregoriano) resulta que o escritor inglés falecera once días máis tarde: o 3 de maio. Para rematar quédanos o escritor de orixe peruano o Inca Garcilaso de la Vega de quen tamén se di que faleceu o 23 de abril de 1616, pero son moitos os expertos e historiadores que indican que non se pode saber a data exacta, debido a que existen inscripciones no que aparece a data 22 de abril, outras o 23 e ata algunha do 24.
De todos os xeitos, e malia non coincidir realmente as datas, decidiuse que o 23 de abril debía seguir sendo o declarado "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor" que vén celebrándose anualmente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario