18 de abr. de 2016

A Biblioteca da Emao no Faro de Vigo

  

Onte, domingo 17 de abril, O Faro de Vigo, publicou un artigo sobre a nosa biblioteca, no que se fai un pouco de historia sobre ela e sobre a nosa Escola. Neste aparecen unhas pequenas apuntas sobre algunhas das publicacións que temos no noso fondo histórico. Sirva este artigo para facer visible  a nosa biblioteca que posúe un máis que interesante patrimonio bibliográfico, ademais dunha colección especializada na arte e nos oficios artísticos en continuo crecemento. Damos as gracias dende aquí ao xornalista Carlos Prego e á fotógrafa Marta Brea polo seu interese e pola súa contribución a poñer en valor a nosa biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario