07/12/2016

Exposición Proxectos 2016. CAIM-Gaita

Do catálogo da Exposición Proxectos 2016


CAIM (Construción Artesanal de Instrumentos Musicais) GAITA
Jandro Barciela
Volta de rosca

O proxecto trataba de conseguir un punteiro co que se puidera tocar, dende a música máis tradicional, pasando por obras con piano, ata música do barroco.
Respectando o interior do punteiro actual, o que pretendiamos, era recuperar a subtónica, ter un Mib máis decente e facilitar o uso do segundo rexistro.
O resultado que obtemos é un punteiro que nos dá moito xogo á hora de tocar un repertorio ou outro. Co furado de rexistro, ademais de facer con facilidade o segundo rexistro, podemos facer unhas pequenas dinámicas moi curiosas.
Coa subtónica, recuperamos ese Sib grave que tanto se botaba en falta, ideal para tocar repertorio do mestre Manuel Villanueva. Modo mixolidio ou completo.
Neste punteiro, para obter o Mib, temos que executalo como se fora Mi natural e o Mi natural como se dun “clarinete” se tratase.
En conclusión: un punteiro con moitas opcións e variantes que nos exise un pequeño estudo, se non estas afeito ás diferentes posturas, para sacarlle todo o rendemento.


Ningún comentario:

Publicar un comentario