27 de xuño de 2017

"Fuera [de] Margen" Unha Nova Revista para A Biblioteca da EMAO


A biblioteca acaba de incorporar un novo título á hemeroteca do fondo moderno trátase da revista Fuera [de] Margen: observatorio del álbum y de las literaturas gráficas. Zaragoza. Pantalia Ediciones, 2012
É unha revista semestral independente que ofrece, de forma monográfica, unha ampla visión divulgativa sobre a creación actual e as novas tendencias no campo da ilustración e o libro. Trátase da versión española da publicación francesa Hors Cadre[s], aparecida en outubro de 2007 como observatorio das literaturas gráficas. A revista supón un marco de reflexión contorna ás edicións contemporáneas de libro álbum e cómic. Fuera [de] Margen, editada en español desde 2012, mantén os contidos de maior repercusión internacional e incorpora algúns puntos propios.  Dirixida a todo aquel que desexe ampliar criterios e ensanchar fronteiras no coñecemento das propostas máis emerxentes e experimentais das literaturas gráficas. Anímovos a consultala

Ningún comentario:

Publicar un comentario