28/06/2017

I Xornada Arte Urbana en Vigo


A xornada de charlas sobre arte urbana que se desenvolverá na Casa Galega da Cultura o vindeiro sábado 1 de xullo pretende poñer o foco nunha corrente que creceu de xeito notable os últimos anos. Trátase da primeira xornada de mesas redondas con especialistas nacionais e internacionais en arte urbana que se celebra en Vigo.
O obxectivo é dar a coñecer e poñer en valor o programa de arte urbana "Vigo cidade de cor", intercambiar experiencias de expertos e compartir as mellores prácticas empregadas noutras cidades.
Estas charlas reunirán a artistas, teóricos, activistas e promotores culturais que expoñerán a súa visión sobre a arte urbana, para obter unha visión poliédrica e xeneral dunha tendencia da arte que pasou do mundo do clandestino á cultura popular.         

Ningún comentario:

Publicar un comentario