Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte convocatoria dun curso monográfico a desenvolver nas datas e horarios que se indican, dirixido ás persoas interesadas que cumpran os requisitos fixados e que non estean matriculadas no presente curso en ningunha das especialidades da EMAO no curso 2017-2018:
Curso: “Faldriqueiras e Foles”
Impartido por Pepe Pereira, mestre da especialidade na EMAO
Destinatarios: Persoas que remataran a especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO e persoas con coñecementos básicos demostrables desta artesanía, que non estean matriculadas en ningunha das especialidades da EMAO no curso 2017-18
Datas e horario: do 11 de Maio ao 29 de xuño, os venres de 10:00 a 14:00 horas (o 11 de maio será de 10:00 a 12:00 será a presentación do Curso e explicación de materiais).
Inscrición ata o 9 de maio
Duración: 30 horas
Número de prazas: 15
Programa:
Presentación:
De orixe mozárabe a verba faldriqueira describe unha bolsa que se ata na cintura e se leva por debaixo da roupa . A intención deste curso monográfico é a realización de catro modelos aplicándolle a cada un un tipo de fol diferente.
Contido:

- Selección do material máis adecuado a cada tipo de fol.
- Estudio e Construción dos tipos de foles.
- Aplicación de costura decorativa con tireta plana e de borde.
- Sistemas de adaptación á correa.
- Ferraxes e Fornituras.
Material a aportar polo alumnado:
Lezna ou tenacilla, tireta e fío encerado, agullas para tireta e fío, poldro, vaquetilla, serraxe, cabra e porco (non se debe adquirir ata despois da explicación dos materiais necesarios na primeira sesión do curso.
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO
Inscrición:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):

- Asunto: [nome do curso]
- Nome e apelidos do/a solicitante:
- DNI:
- Enderezo de Correo electrónico:
- Anos nos que cursou estudos da especialidade de Artesanía en coiro na EMAO e/ou documentación que acredite coñecementos previos desta artesanía.
Prazo de inscrición: ata o 9 de maio de 2018
Solicitudes:
Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2017-2108
Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
Só serán válidas as solicitudes que cumpran as condicións indicadas nesta convocatoria
A inscrición farase, por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas. En todo caso, terán prioridade as persoas que remataran a especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO e persoas con coñecementos básicos demostrables desta artesanía
A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase ás persoas da lista de reserva.

Ningún comentario:
Publicar un comentario