26/04/2018

"É Vigo realmente fiel" Nova Conferencia do Forum-IEV na Hemeroteca





"É Vigo realmente fiel?" Nova conferencia do Forum-IEV a cargo do xornalista e membro do Instituto de Estudios Vigueses, Jorge Lamas. Presenta Eduardo Rolland.
A intitulación da Cidade de Vigo é "Fiel, leal y valerosa, y siempre benéfica ciudad de Vigo”; con todo, a documentación existente non permite certificar a presenza do adxectivo Fiel nesta inscrición. Non quere dicir que non sexa certa, pero si que ata o momento ninguén puido mostrar o documento legal que xustificaría a súa presenza. O Arquivo Municipal de Vigo, así como documentación do Goberno de España, permiten situarnos nos distintos tratamentos dados a Vigo ao longo da historia.
Hoxe, 26 de abril ás 19:30 na hemeroteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario