Eduardo Chao (Foto de Iago Pastoriza) |
Recoméndovos a lectura no suplemento cultural de Faro de Vigo, "O
sábado", do artigo "Retratos da burquesía de Vigo" no que se resolven todas as dúbidas sobre o autor do
retrato de Eduardo Chao que conservamos na nosa hemeroteca, en principio
só contabamos co apelido do pintor, Ortiz e a data, 1895.
O que fose cronista de Vigo, Avelino Rodríguez Elías, na súa inédita
"Historia da cidade de Vigo" púxonos sobre a pista da orixe do retrato,
aínda que con algún erro, pois comentaba que a Corporación Municipal
había encargado en 1895 tres retratos a un pintor "uruguaio"...
Afortunadamente o misterio está resolto grazas á investigación levada a
cabo polo historiador José Luis Mateo Álvarez, quen nos relata o paso do pintor José María Ortiz por España, en concreto pola nosa cidade e introdúcenos na súa obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario