Este vindeiro xoves, 24 de maio ás 19:30, nova conferencia do Fórum do
Instituto de Estudios Vigueses: “Cambio Climático y Calentamiento
Global: Cómo lo sabemos y cuales son sus consecuencias” por Daniel Rey
(Universidade de Vigo). Presentado por Federico Vilas, UVigo e Instituto Estudios Vigueses, na Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios.
Resumo:
A conferencia terá un carácter divulgativo e centrarase en explicar que
factores inflúen no clima, como se realizan e cal é a fiabilidade das
medicións que nos permiten identificar e cuantificar o cambio climático.
Discutirase tamén que parte deste cambio é natural, e que parte ten a
súa orixe nas actividades do home, así como os efectos que van ter estes
cambios nas nosas vidas e nas das xeracións futuras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario