O Cartel desta edición é de Pelucas |
Este luns, 21 de maio, comeza unha nova edición da Semana de Raku segundo Nigrán,que remata o venres, 25 de maio (Hai un erro nas datas do cartel).
Esta actividade é froito da estreita colaboración da Escola Municipal de Cerámica de Nigrán e do Obradoiro de Cerámica Artística da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Partipan alumnos e ex alumnos de ambas escolas e poden asistir como
público todas as persoas interesadas nesta milenaria técnica. Estas xornadas comezarán sobre as 17 horas e prolongaranse ata a posta do sol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario