16 de maio de 2019

Día das Letras Galegas 2019




Antón Fraguas, protagonista das Letras Galegas 2019, naceu en Loureiro (Cotobade) no ano 1.905. A súa biografía está chea de experiencias vinculadas á historia de Galicia no s. XX. Desde moi novo entrou en contacto co galeguismo, cando estudou bacharelato en Pontevedra, como alumno de docentes como Antón Losada Diéguez, Castelao e Ramón Sobrino Buhigas. Foi, de feito, un dos fundadores, en 1923, dá Sociedade dá Lingua, nacida co obxectivo de defender o galego e de elaborar un dicionario. Durante os seus estudos universitarios en Compostela ingresou, en 1924, nas Irmandades da Fala e colaborou co Seminario de Estudos Galegos, do que logo sería membro.
Iniciou a súa carreira investigadora no ámbito da xeografía e a historia, antropoloxía e arqueoloxía. Escribe ducias de libros e moitísimos artigos, sobre todo de cultura labradora (o seu principal campo de estudo). Ademais de investigador, Antón Fraguas foi un gran docente.
Tras a súa xubilación, continuou o seu labor investigador, colaborando con entidades como o Instituto Padre Sarmiento ou a Real Academia Galega.
Foi director do Museo Municipal de Santiago en Bonaval en 1963 e participou no impulso e creación dunha nova institución, o Museo do Pobo Galego, onde será director e presidente. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario