31 de ago. de 2010

ALGUNHAS NOVAS

11 de setembro 1ª edición
O CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo organiza FEIRA, un mercado ao aire libre que con carácter mensual pora á disposición da cidadanía o produto tradicional galego. Poñer en valor a nosa artesanía tradicional e recuperar a vella tradición dos mercados no Casco Vello de cara a súa dinamización é unha a prioridade fundamental desta iniciativa.
Localización:
Paseo de Alfonso. Vigo
Datas:
O 1º domingo de cada mes
Horario:
10:30 a 13:30h

Artesanía de Galicia abre o prazo de inscrición para asistir a feiras internacionais co stand institucional
A Consellería de Economía e Industria aposta pola introdución do produto artesán galego nos mercados de fóra de Galicia, para o que pon á disposición dos artesáns profesionais o stand institucional da marca nos principais mercados que se celebran en Europa en materia de artesanía, decoración e deseño.
Os destinatarios son obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía, que teñan concedido o uso da marca Artesanía de Galicia, e deberán enviar as súas solicitudes a través da páxina web www.artesaniadegalicia.org antes do 15 de setembro.




Ningún comentario:

Publicar un comentario