29 de ago. de 2010

OS NOSOS PROPÓSITOS

Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO), fachada Rúa Pontevedra

O Blog da Biblioteca da EMAO pretende ser un instrumento de comunicación para toda a comunidade escolar e tamén para todas aquelas persoas interesadas na arte e nos oficios artísticos.
Nesta nova etapa que comenzo no ano 2007 cos traballos necesarios para a súa recuperación, a Biblioteca quere ser un lugar aberto para a docencia e a aprendizaxe, un espazo plenamente adaptado aos ámbitos tecnolóxicos e ás novas necesidades, un servizo capaz de proporcionar á comunidade educativa as competencias necesarias para o seu desenvolvemento na sociedade do coñecemento, integrado no proxecto educativo da Escola e co funcións concretas de investigación, apoio, colaboración docente e de alfabetización na información.

Ningún comentario:

Publicar un comentario