26 de ago. de 2010

INFORMACIÓN XERAL



ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS (EMAO) está situada no edificio do arquitecto Michel Pacewicz doado por Garcia Barbón á cidade de Vigo no ano 1900. Posúe unha biblioteca con gran valor histórico e patrimonial dada a súa antigüidade e o espírito humanista con que foi concibida: unha biblioteca pública e popular, ademais de biblioteca especializada nas ensinanzas técnicas e científicas que se impartían nese momento na escola. É unha institución fundamental na vida académica e cultural da cidade de Vigo a principios do século XX, xa que foi a primeira biblioteca pública de que dispuxo a cidade.

A Biblioteca actual crece sobre dous eixes: a conservación de todo este bagaxe histórico e a creación dunha biblioteca moderna especializada na ensinanza das artes e oficios tradicionais.
Con este obxectivo fundamental abre as súas portas a todo o alumnado  e profesorado da escola e tamén aqueles investigadores interesados nas artes e oficios, nas súa vertente tradicional e contemporánea.

A Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios foi declarada "biblioteca de titularidade privada de especial interese para Galicia", polo que forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. 

Catálogo  accesible en  Proxecto Meiga. Portal das Bibliotecas de Galicia

     
                                                 

Ningún comentario:

Publicar un comentario