30 de maio de 2011

CERCO 2011 EN ZARAGOZA


Durante os pasado días 26 ao 29 de maio tivo lugar a celebración da Feira CERCO 2011 en Zaragoza, o eixe principal de Cerco é a Feira Internacional de Cerámica Contemporánea e o Premio Internacional de Cerámica Contemporánea, ao redor deles teñen lugar diversas exposicións que mostran tanto os valores emerxentes como os xa consolidados converténdose en unha cita imprescindible para os amantes da cerámica e da arte.
O artista Rafael Pérez foi o gañador do Premio Internacional de Cerámica Contemporánea 2011 coa peza "Sabu 2". Cerco concedeu ademais tres mencións de honor a Alberto Hernández pola súa obra "Somier de inverno" a Ayako Funato por "Cores do mundo" e Alejandra Estefanía Brawn pola peza titulada "Axitación vana".
As obras están expostas na Sala de Exposicións "Enrique Cook", en Muel, xunto con outras 26 pezas seleccionadas das máis de 200 presentadas ao premio.

"Sabu 2" de Rafel Pérez

Ningún comentario:

Publicar un comentario