27/05/2011

OS ILUSTRADORES DE KALANDRAKA NA EMAO

Onte tivo lugar na Hemeroteca da Emao a mesa redonda "Soños ilustrados" na que participaron algúns dos artistas plásticos que expoñen na mostra "Soños ilustrados: Kalandraka 12 anos de álbum galego" que se pode visitar no Espazo Emao da nosa Escola ata o 10 de xuño.
Estes son algúns momentos do acto que contou coa presenza de alumnos, mestres e público xeral interesado en coñecer de primeira man a traxectoria destes creadores galegos, a súa relación coas empresas editoras e comentar os traballos que se expoñen no Espazo Emao.






Ningún comentario:

Publicar un comentario