24 de maio de 2011

MESA REDONDA "SOÑOS ILUSTRADOS"


Por mor da gran acollida por parte do público da mostra "Soños ilustrados: Kalandraka 12 anos de álbum galego" que está exposta na sala de exposicións Espazo Emao da nosa Escola, invitamos aos alumnos, mestres e público en xeral,  a participar na mesa redonda "Soños ilustrados" na que estarán algúns dos ilustradores integrantes da mostra: David Pintor, Kiko da Silva, Pablo Otero, Ramón Trigo, Juan Rivas e Federico Fernández. O encontro terá lugar o xoves 26 de maio ás 19 h. na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO).

Ningún comentario:

Publicar un comentario