31 de maio de 2011

PRIMEIRA GALERÍA VIRTUAL PARA ARTISTAS GALEGOS ACTUAIS


Artgalicia funciona como unha galería na rede pero a súa particularidade reside en que nela só se póden adquirir obras de artistas galegos actuais. Tres novos de entre 26 e 33 anos, dous vigueses e un pontevedrés crean unha plataforma "on line" que reúne obras de autores galegos contemporáneos, de campos diversos como a pintura, escultura, xoiería ou decoración. As obras expostas nesta galería virtual están á venda e oscilan entre os 20 e os 6.000 euros. Con só un mes de vida, a páxina xa recibe unha media de 1.300 visualizacións diarias e, despois de España, destacan as consultas desde todo o continente americano, Inglaterra e Alemaña. Máis información

Ningún comentario:

Publicar un comentario