01/06/2011

XIV EDICIÓN DO FESTIVAL PHOTOESPAÑA


"O retrato como antecedente da fotografía e como un dos máximos expoñentes no seu desenvolvemento". Con esta idea arrinca hoxe en Madrid e ata o 24 de xullo a XIV edición do Festival PhotoEspaña, que este ano tamén chega a Alcalá de Henares, Cuenca e Lisboa.
Un total de 66 exposicións, 21 delas na sección oficial: Interfaces. Retrato e Comunicación, en 57 museos e centros de arte e a participación de 370 artistas. Os damnificados de Haití, as vitimas dos 48 anos de ditadura de Salazar, a intimidade dos famosos ou os retratos de Fayum dos séculos I ao IV a. C. forman desta edición PhotoEspaña 2011 comisariada por Gerardo Mosquera, crítico e historiador da arte cubana que será o comisario xeral durante as próximas tres edicións de PhotoEspaña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario