7 de dec. de 2011

"DISTOPÍA LITERAL" A INSTALACIÓN DE ABIGAIL LAZKOZ NO MARCO


A intervención de Abigail Lazkoz no MARCO forma parte do proxecto "1812-2012.  Unha ollada contemporánea", producido por AC/E (Acción Cultural Española) en conmemoración do bicentenario da Constitución de Cádiz. Para a súa proposta no MARCO de Vigo, Abigail Lazkoz (Bilbao, 1972) céntrase no artigo 13 da Constitución de Cádiz — "o obxecto do Goberno é a felicidade da Nación" — e presenta unha reflexión gráfica-conceptual en torno á evolución do concepto da felicidade dende 1812 ata os nosos días. Distopía literal, instalada no vestíbulo do Museo, recrea un espazo de pegada libre e de carácter espontáneo e de rúa que combina carteis de papel, sinais de madeira, adhesivos, pancartas e demais soportes creados pola artista nos que se recompilan citas literarias, diarios, e textos institucionais, un por cada ano do aniversario da "Pepa".

DATAS: 7 decembro 2011 – 23 marzo 2012 
LUGAR: MARCO, vestíbulo principal 
HORARIO: Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 21.00. Domingos, de 11.00 a 15.00

Ningún comentario:

Publicar un comentario