Foto de Ismael Ferradas, "Raquel Cendón na tenda Alfar" |
Ceramistas galegos mostran os seus deseños de louza de autor no proxecto "A mesa", que cada mes ofrécese na tenda de artesanía Alfar de Vigo. "A mesa" é un proxecto capitaneado por Miguel Vázquez, profesor da Escola de Artes e Oficios (Emao), e a Escola Municipal de cerámica de Nigrán. Desde que comezou, xa deixaron a súa pegada neste particular espazo cinco artistas: Marta Miñambres, Iñigo Almeida, Verónica Carreira e Teresa Irisarri. Actualmente, e ata o 17 deste mes, presenta as súas pezas Raquel Cendón, unha colección na que a cerámica dáse a man coa pintura e a ilustración creando pezas dunha gran beleza. Esta viguesa entrou en contacto coa cerámica cando estudaba Deseño de interiores. Formouse durante cinco anos con Miguel Vázquez na Emao e actualmente traballa as pezas nun taller compartido con outros nove artesáns. Contou coa colaboración dos artistas Javier Aguilera e María Viñas para os debuxos que decoran as estilizadas pezas. Máis información aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario