9 de dec. de 2011

PANORAMA, CERÁMICA CONTEMPORÁNEA EN MURTEN (SUIZA)


Terá lugar o 1 e 2 de setembro de 2012 e contará con exposicións, feira de olería, presentacións e mostras de cerámica contemporánea.
Espéranse ao redor de 80 oleiros, artistas, deseñadores e creadores da cerámica de toda Europa, que mostrarán as súas últimas creacións de gran calidade en canto concepto e deseño. A organización axudará aos participantes estranxeiros coa xestión da documentación para a aduana ou con calquera outro requisito adicional que puidese xurdir coa importación e exportación das mercancías.
O custo de participación é de 240 francos suízos, aprox. 193,96 eur.
Algúns dos gastos serán cubertos polos patrocinadores e grupos de promoción cultural.
Enviar a 2012@keramikpanorama.ch o formulario de inscrición, ao que é necesario achegar:

· 3 fotografías das obras cerámicas (unha por peza).
· 1 fotografía da caseta ou dunha presentación dos traballos.
(fotografías en baixa resolución, a 72 puntos por polgada, e 500 pixeles de ancho, como
máximo).
Información completa (en francés, inglés e alemán) en:
www.keramikpanorama.ch

Ningún comentario:

Publicar un comentario