24/01/2012

V PREMIO INTERNACIONAL DE ARTES PLÁSTICAS, FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE


A Fundación María José Jove convoca o V Premio Internacional de Artes Plásticas 2012, que ten como obxectivo favorecer a difusión da arte e promocionar aos novos artistas. Trátase dun certame bienal de ámbito internacional, dotado con 27.000 euros, que nas súas anteriores edicións destacou pola calidade das obras presentadas. Ademais do premio en metálico, a obra gañadora pasará a formar parte da Colección de Arte Manuel Jove e o seu autor será invitado a formar parte do xurado da próxima edición.

O V Premio Internacional de Artes Plásticas está dirixido a artistas menores de 35 anos (ata o día do fallo do xurado, o día 31 de maio). Cada artista pode presentar un máximo de dúas obras orixinais nas seguintes disciplinas: pintura, escultura, fotografía e novas disciplinas, de temática libre. A entrega e recepción das obras preseleccionadas realizarase persoalmente ou por transportista a portes pagados, do 20 de abril ao 6 de maio de 2012.

Ningún comentario:

Publicar un comentario