20 de xuño de 2012

PREMIOS NOVOS VALORES DE ARTES PLÁSTICAS, 2012


A Deputación de Pontevedra convocou os premios “Novos Valores 2012”, poderán participar nestes premios, sen límite de idade, todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, ceramistas, videocreadores, etc.) naturais ou residentes na provincia de Pontevedra, debendo, en último caso, acreditar documentalmente esa circunstancia. As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose as que xa fosen expostas noutras mostras, individuais ou colectivas, ou figurasen noutros concursos. Só se aceptará unha obra por artista. As obras deberán presentarse no Sexto edificio do Museo Provincial de Pontevedra (Padre Amoedo s/n, Pontevedra 36002). O prazo de recollida será desde hoxe, día 20 ata o 28 de xuño, ambos inclusive, do ano en curso en horario de 09:00 e as 14:00 horas. Máis información

Ningún comentario:

Publicar un comentario